Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O pleno aproba as delegacións de concelleiros e as remuneracións da corporación municipal

O pleno municipal aprobou na sesión celebrada esta mañá as retribucións dos membros da Corporación. Tamén se deu conta do decreto aprobado polo alcalde de delegación de concelleiros e as súas competencias.

O Goberno municipal de Oleiros queda configurado do seguinte xeito:

- Ángel García Seoane: alcalde. Retribución: 62.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- María José Varela Neira: primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Interior, Economía e Facenda. Retribución: 46.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Margarita Figueroa Vázquez: segunda tenente de alcalde e concelleira de Recursos Humanos, Seguridade Cidadá, Cooperación e Participación Cidadá. Retribución: 46.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Pablo Cibeira Taboada: terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade, Comunicación e Novas Tecnoloxías. Retribución: 40.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Antonio Molinos Marcote: cuarto tenente de alcalde e concelleiro de Obras Públicas, Medio Ambiente, Servizos e Parques e Xardíns. Retribución: 40.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Mª Teresa Vázquez Maseda: quinta tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción Económica. Retribución: 35.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Aurora Belén Taboada Casal: sexta tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Retribución: 35.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- María José Santos Zas: sétima tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude. Retribución: 35.000 € brutos anuais (dedicación exclusiva).

- Sandra Fernández Fernández: concelleira delegada de Economía, Facenda e Contratación. Retribución: 30.000 € brutos anuais (dedicación parcial, 85,71% da xornada).

- Jaime Rumbo Mosquera: concelleiro delegado de Servizos Municipais. Retribución: 30.000 € brutos anuais (dedicación parcial, 85,71% da xornada).

- Rosa Mª Méndez Gómez: concelleira delegada de Parques e Xardíns. Retribución: 30.000 € brutos anuais (dedicación parcial, 85,71% da xornada).

- Marta María Martínez Martínez: concelleira delegada de Sanidade e Consumo. Retribución: 30.000 € brutos anuais (dedicación parcial, 85,71% da xornada).

- Ramón Maceira Giadanes: concelleiro delegado de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude. Retribución: 30.000 € brutos anuais (dedicación parcial, 85,71% da xornada).

“Non é verdade o que dicía onte un medio de comunicación e repetiron hoxe no pleno os grupos da oposición. O alcalde non se sube o soldo, vai seguir cobrando o mesmo que cobraba antes das eleccións, non como noutros concellos; e os concelleiros e concelleiras tamén, excepto en 2 casos nos que van tomar unhas responsabilidades máis grandes que as que tiñan anteriormente  e, polo tanto, incrementan o seu salario ata os 40.000 euros. O que traballa ten que cobrar. Nós sempre defendimos iso e os nosos son uns salarios axustados á responsabilidade que temos no Concello”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.


 

back link