Oleiros, 10 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros asinou un convenio coa Deputación da Coruña segundo o cal lle cede o uso do Pazo de Arenaza ao organismo provincial para crear un centro co-working para novos emprendedores e científicos, que terá capacidade para 50 persoas investigadoras.
Grazas ao acordo acadado, a Deputación tamén financiará con 250.000 euros a restauración e adecuación do pazo para o seu novo fin. Unha vez realizadas as obras, que se tratarán nas próximas semanas, a Deputación convocará unhas bolsas para os posibles candidatos e candidatas e seleccionará o persoal necesario para a posta en marcha deste centro, chamado a ser unha referencia no Estado.