Esta exposición conta con imaxes espectaculares de baleas iubartas, osos polares, peixes bolboreta, a quenlla peregrina ou unha colectividade de golfiños, poboan, entre outras moitas especies, as imaxes cheas de cor e vida da mostra.
A mostra, que ten como comisario a Joaquín Araujo, enmárcase no perfil social do labor cultural de Afundación Obra Social ABANCA. A entidade entende que levar a mostra á rúa é a canle máis directa para acurtar distancias entre a sociedade e a cultura.