Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Obradoiro de emprego da Finca Tenreiro recupera o edificio principal e o parque do recinto

Oleiros, 25 de febreiro de 2016-. Os alumnos e alumnas que participan no Obradoiro de emprego da Finca Tenreiro conseguiron recuperar a edificación principal e o parque que o rodea. Despois de seis meses de aprendizaxe e posta en práctica dos coñecementos adquiridos, o luns finaliza o curso.

Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado polo Fondo Social Europeo, a Xunta e o Concello de Oleiros. A subvención da Xunta foi de 178.157 euros e a achega do Concello foi de 25.000 euros. Durante ese período de aprendizaxe os alumnos e alumnas –persoas en situación de desemprego veciños e veciñas do Concello de Oleiros- recibiron unha remuneración individual de 648,56 euros ao mes.

O número total de alumnos e alumnas participantes foi de 20 distribuído nas seguintes especialidades: instalación e mantemento de xardíns de zonas verdes e revestimentos con pastas e morteiros na construción. Na primeira especialidade realizáronse tarefas de xardinería tales como: roza, plantación, talas e poda das árbores. No segundo leváronse a cabo traballos de roza, demolición dos elementos en estado de ruína, demolición dos restos de tellado, picado ou revocadura da fachada para a reparación do encintado de pedra e volta a revocar, remate dos muros de carga para evitar a erosión polas inclemencias do tempo.

As persoas participantes obtiveron a seguinte formación:
 
• Certificado de profesionalidade AGAO0208 INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES (R.D. 1375/2008, do 1 de agosto)
• Certificado de profesionalidade EOCB0210 REVESTIMENTOS CON PASTAS E MORTEIROS EN CONSTRUCIÓN (R.D. 615/2013, do 2 de agosto)

Ademais recibiron formación complementaria en alfabetización dixital, xestión empresarial e orientación laboral e busca de emprego.
 

back link