Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O obra da rotonda da Chasqueira atópase paralizada pola Consellería de Infraestruturas

 Oleiros, 23 de agosto de 2019-. O Concello de Oleiros vai solicitar á Consellería de Infraestruturas que emita o informe necesario para a construción da rotonda da Chasqueira, no perigoso cruce existente entre a estrada que conecta Iñás con Pravio e a avenida Salvador Allende. Esta obra, que ten un custo de 579.086,06 euros, vai ser financiada pola Deputación da Coruña.

 
Esta actuación leva dous anos parada, á espera do informe da Xunta de Galicia. A súa realización vai mellorar notablemente a seguridade viaria neste punto da rede viaria, dado que o actual cruce resulta moi perigoso para os vehículos.
 
back link