Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Museo Os Oleiros homenaxea as mulleres do barro

Oleiros, 2 de marzo de 2018-. Mañá sábado 3 de marzo, de 11:00 a 13:30 horas, o Museo Os Oleiros acollerá unha actividade aberta á participación de todos os veciños e veciñas que consistirá na realización de siluetas de barro das pezas das oleiras presentes na colección do Museo. Coas pezas realizadas nesta actividade entre todos os participantes, crearase unha mostra que permanecerá exposta na entrada do centro cultural As Torres do 8 ao 31 de marzo.

Ao longo do mes de marzo realizará dúas visitas guiadas diarias centradas no papel das mulleres no mundo do barro, desde as oleiras, decoradoras e cacharreiras ata as propias consumidoras. Estas visitas serán ás 12:00 e ás 18:00, de martes a sábado, (máximo 20 persoas por grupo), e terán unha duración de 45 minutos.

Para ter máis información sobre as actividades así coma para formalizar as inscricións para as visitas guiadas hai que dirixirse ao Museo Os Oleiros, chamar ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
 

back link