Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Museo Os Oleiros acolle un obradoiro sobre as fábricas de tella tradicionais

Oleiros, 29 de maio de 2017-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para O Obradoiro do Telleiro. Trátase dunha actividade para todos os públicos na que as persoas participantes aprenderán da man de José Álvarez Alonso, O Buraco, os segredos da produción de tellas e ladrillos artesanais.

A actividade terá lugar o sábado 9 de xuño en dúas quendas: de 10:30 a 12:00 horas e de 12:30 a 14:00 horas, cun máximo de 25 persoas por quenda. Para ter máis información sobre a actividade así coma para formalizar as inscricións, as persoas interesadas deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz, chamar ao teléfono 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
 

back link