Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O martes abre o prazo de matrícula nas escolas municipais artísticas para novo alumnado

Tal e como vai o mundo, ante tanta deshumanización, resulta máis necesario que nunca apostar con firmeza desde as administracións públicas pola educación, pola cultura, pola arte... especialmente entre a xuventude. Así o leva facendo durante décadas o Concello de Oleiros con numerosas actividades, entre as que destacan as 3 escolas artísticas.

Para continuar nesa liña formativa, para o vindeiro curso ofértanse un total de 1.145 prazas nas escolas municipais de música, danza e teatro. As persoas interesadas poden matricularse entre o 22 e o 30 de abril.

As persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta tamén é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.
 

back link