Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns remata o prazo para participar no premio literario do Concello de Oleiros

 Oleiros, 17 de febreiro de 2022-. O vindeiro luns, 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, remata o prazo para participar no VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros. Unha proposta que busca promover o uso da lingua, fomentar a creatividade e dar a coñecer os recunchos do noso concello. O certame está dirixido a persoas empadroadas no Concello de Oleiros ou escolarizadas no municipio desde 3º de primaria. Os relatos poden entregarse na conserxería da Fábrica.

 
As persoas que queiran participar poden consultar as bases ou solicitar información no Servizo de Normalización Lingüística (lingua@oleiros.org ou chamando ao teléfono 981 610 000 ext. 4905).
back link