Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns comeza o período de inscrición do programa Ven e Descubre! 2017

Oleiros, 31 de marzo de 2017-. O vindeiro luns días 3 de abril abre o prazo de inscrición para as 2.420 prazas do programa de excursionismo e sendeirismo para maiores de 60 anos do Concello de Oleiros Ven e Descubre! 2017. A inscrición será por grupos en función da localidade de residencia.

As inscricións serán única a exclusivamente por teléfono. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros - 981 610 000 - en horario de 16:00 a 20:00 horas- e facilitar o seu nome completo, DNI, data de nacemento e parada de autobús.


O calendario de inscricións é o seguinte:

EXCURSIONISMO

- Grupo de Dorneda e Maianca, 3-4 de abril.

- Grupo de Santa Cruz e Montrove, 5-6 abril.

- Grupo de Oleiros e Iñás, 7-10 abril.

- Grupo de Nós, 11-12 abril.

- Grupo de Serantes e Dexo,  18-19 de abril.

- Grupo de Perillo, 20-21 de abril.


SENDEIRISMO

- Todos os grupos de sendeirismo, 24-25 de abril

back link