Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns abre o prazo de preinscrición nas actividades de verán do Concello de Oleiros

 Oleiros, 7 de maio de 2021-. O Concello de Oleiros oferta unha ampla variedade de actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade para os meses de verán. As persoas interesadas en participar poderán realizar as preiscricións a través da web municipal, accedendo á Sede Electrónica, entre os días 10 e 17 de maio.

 
Están previstos campamentos, excursións, música, danza, teatro, surf, kaiak, campamentos multi-deporte, obradoiros de artes plásticas, olería, encadernación decorada, obradoiro de ilustración e banda deseñada, maxia...Todas as actividades están adaptadas ás especiais circunstancias que a “nova normalidade” impón, permitindo en todos os casos que os nenos e nenas poidan gozar de amigos e actividades na natureza e ao aire libre.
 

back link