Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para maiores

Oleiros, 28 de setembro de 2018-. O luns 1 de outubro abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estes obradoiros teñen como obxectivo achegar as persoas maiores ás novas tecnoloxías e que coñezan o funcionamento dun ordenador persoal, o correo electrónico, a seguridade en internet, as redes sociais... Todos estes contidos estrutúranse en distintos cursos dependendo do nivel no que se atope cada persoa, de tal forma que lle permita ir avanzando segundo se vaia formando.

Cada un dos cursos terá unha duración de 32 horas, en 16 sesións de 2 horas, de luns a venres pola tarde na aula de informática do Centro Municipal de Formación nos Regos. Vanse desenvolver progresivamente nos próximos meses para poder dar a oportunidade de facelos a todas aquelas persoas interesadas.

As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede Electrónica, no apartado Cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 10:00 h do luns 1 de outubro e ata as 14:00 h do venres 5 de outubro. Aquelas persoas que queiran tamén poderán acudir ás oficinas de Servizos Sociais de Oleiros para que lles fagan o trámite.

back link