Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición para o ¿Obradoiro do corpo¿

Oleiros, 18 de febreiro de 2022-. O vindeiro 9 de marzo reiníciase a actividade Obradoiro do Corpo que se desenvolverá entre a Casa da Cultura de Perillo e a polideportiva da II República. Será todos os mércores, ata final de ano, en horario de 11:30 a 13:00 horas.

 

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudables e favorecer unha maior vida social. Este obradoiro forma parte do amplo programa de actividades dirixidas ás mulleres para o seu benestar físico e emocional, desde unha perspectiva de xénero. 

 

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Sede electrónica do Concello, desde o luns 21 de febreiro ata o domingo 27. As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. É posible obter máis información chamando ao teléfono 981 610 000 (extensións 3503 e 3120) ou escribindo un correo a aportavioleta@oleiros.org.

back link