Oleiros, 5 de outubro de 2018-. O Concello de Oleiros oferta 60 prazas para participar nas tertulias literarias que terán lugar a partir do 17 de outubro na Biblioteca Central Rialeda de Perillo e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Todas as persoas maiores de 16 anos poden apuntarse na Sede electrónica da web municipal, no blog das bibliotecas municipais, nos teléfonos 981 639 511 e 981 626 338 ou persoalmente nas propias bibliotecas.
As 60 prazas distribuiranse en tres grupos de 20 persoas, dous en Rialeda e un en Santa Cruz. Nestas actividades realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.