Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición nas prazas vacantes de encaixe, artesanía téxtil, manualidade

Oleiros, 4 de setembro de 2018-. Entre os días 10 e 17 de setembro estará aberto o prazo para  solicitar unha das 25 prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas desde a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal.

As prazas ofertadas son as vacantes nos “Obradoiros de expresión artística e artesanal” que se organizan nas casas do pobo das distintas localidades do concello: 7 prazas en encaixe, 5 prazas en artesanía téxtil, 6 en manualidades, 6 en acuarela e 1 en pintura.

Todas estas actividades teñen o obxectivo principal de potenciar as relacións entre os veciños e veciñas en actividades grupais, axudando a facer novas amizades e incrementar as relacións sociais, mentres se realiza unha actividade na que se adquiren habilidades manuais nunha determinada técnica artística. Están dirixidas a todas as persoas maiores de 16 anos empadroadas no municipio.
 

back link