Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns 18 de marzo abre o prazo de inscrición do programa de excursionismo Vén e descubre

O vindeiro luns 18 de marzo abre o prazo de inscrición telemática para o programa de excursionismo.

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición no programa de excursionismo Vén e Descubre o próximo luns. As persoas que o desexen poden inscribirse de forma telemática desde o 18 de marzo ata o 1 de abril a través dea Sede electrónica do concello: https://sede.oleiros.org/

Para inscribirse de forma telefónica seguiranse quendas por localidade chamando ao 981 610000 en horarios de tarde (de 16:00 a 20:00 horas):

- Dexo, Maianca e Serantes: 18 e 19 de marzo
- Santa Cruz e Montrove: 20 e 21 de marzo
- Perillo: do 22 ao 25 de marzo
- Dorneda e Nós: 26 e 27 de marzo
- Oleiros e Iñás: 1 de abril

O día 4 de abril publicaranse os listados provisionais das persoas preinscritas. O mércores 10 de abril ás 12:00 horas producirase o sorteo e as listas de admitidos definitivas serán expostas o venres 12 de abril.
 

back link