Esta iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer o funcionamento do Local de Ensaio municipal, un espazo que o Concello pon á disposición dos grupos musicais de Oleiros para facilitar a práctica musical e apoiar o desenvolvemento de novos proxectos artísticos. A través deste servizo, a mocidade dispón dun espazo equipado con material musical onde ensaiar, compartir experiencias e seguir desenvolvendo a súa formación e técnica.
Ademais de fomentar a creación musical, este equipamento busca favorecer o encontro entre os mozos e mozas, impulsar un ocio creativo e participativo e achegar á cidadanía o talento dos grupos locais mediante este tipo de actividades. O Concello convida á veciñanza a achegarse ao Centro Social de Rialta para coñecer este espazo e gozar dunha tarde de música en directo protagonizada por bandas locais.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
O Concello organiza o mércores 22 de xullo, a partir das 20h, unha xornada de portas abertas no Local de Ensaio do Concello, situado no Centro Social de Rialta. Durante a actividade tocarán varios dos grupos musicais que utilizan habitualmente estas instalacións, ofrecendo pequenas actuacións en directo abertas a todo o público.