O festival comezou o venres en Santa Cruz con dous espectáculos de circo nos que, principalmente nenos e nenas, gozaron das acrobacias e das disparatadas accións dos artistas participantes. O sábado as actuacións trasladáronse a Perillo onde primeiro houbo teatro e posteriormente un concerto de Eladio y los Seres Queridos, un grupo chamado a ser unha referencia nos próximos anos. Hoxe domingo pola mañá houbo un concerto de música infantil no parque da Lagoa de Mera e a última hora da tarde Circo en Santa Cruz.