Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O grupo de teatro de iniciación do Concello actúa o venres no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 23 de novembro de 2021-. O grupo de teatro de iniciación do Concello de Oleiros presenta o venres ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Volver. Trátase dunha peza teatral ambientada en outubro de 2020, coa recuperación de moitas das actividades que antes da pandemia eran fundamentais. Entre elas o teatro, pero a pregunta que fai esta obra é se poderiamos recuperala de verdade. Con máscara? Con distanciamento social? Sería posible?

 
A entrada é gratuíta con invitación. Poderán recollerse na billeteira do auditorio a partir das 19:30 horas.
back link