Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O grupo Black Galicia ofrecerá un concerto na Biblioteca Rialeda

 Oleiros, 22 de outubro de 2018-. Con motivo do Día da Biblioteca que se celebra o vindeiro mércores 24 de outubro, o Concello de Oleiros organiza un concerto do grupo Black Galicia na Biblioteca Central Rialeda. A actuación será ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta.

 
Black Galicia é un proxecto musical que reinterpreta grandes éxitos da música negra a través dun coidado repertorio. O mércores van ofrecer unha mestura entre música e literatura, intercalando lecturas de libros nos que a música está presente e agasallando os asistentes cunha viaxe por algunhas das melodías máis emblemáticas do soul.
back link