Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O grupo Aldaolado actúa o xoves nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 6 de marzo de 2017-. O Teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 9 de marzo ás 19:00 horas a actuación do grupo Aldaolado, formado por Lucía Aldao e María Lado. Mesturando humor, poesía e música realizarán un divertido espectáculo en clave feminina.

Lucía Aldao e María Lado utilizan a poesía para botar unhas risas e o humor para compartir poemas, sempre acompañado de música en directo. Todas as persoas que desexen asistir e divertirse con estas dúas poetas que emocionan e provocan risas teñen unha cita o xoves nas Torres de Santa Cruz.
 

back link