Oleiros, 23 de novembro de 2020-. O ataque bélico perpetrado polo Reino de Marrocos ao pobo saharuí o pasado día 13 supón unha violación ao alto ao fogo do Sáhara e aborta calquera esforzo encamiñado á celebración do referendo de autodeterminación, acordado hai 29 anos entre ambas partes. Este ataque marroquí supón unha nova vulneración dos dereitos humanos no Sáhara Occidental, polo que o Concello de Oleiros reitera o seu apoio ao pobo saharauí o seu lexítimo dereito á decidir libremente o seu futuro.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Resulta especialmente sangrante a postura do actual Goberno de PSOE e Podemos, que igual que os Gobernos españois anteriores, eluden as responsabilidades que lle corresponden como potencia administradora, pregándose aos intereses marroquíes, en contra do dereito internacional. O exemplo máis recente disto, que demostra o medo da diplomacia española a Marrocos, é que no que vai de ano permitisen a chegada de 8.000 inmigrantes ás costas de Canarias para desviar a atención do que acontece no Sáhara.
O Frente Polisario demostrou ao longo dos anos que apostaba por unha solución pacífica e negociada. Pola contra, a posición de Marrocos non é outra que impedir a celebración do referendo pactado. As súas últimas actuacións van desencadear nunha crise de imprevisibles consecuencias, que ameaza seriamente a estabilidade e a seguridade en toda a rexión do Magreb.