A realidade é que a Xunta de Galicia continúa sen resolver os problemas derivados da falta de profesorado nos colexios de Oleiros, resultando especialmente de apoio nos seus centros. Ata o momento, todas as reclamacións e demandas realizadas a diferentes instancias do Goberno autonómico non foron atendidas nin respondidas.
Para este próximo domingo 19 de outubro, a ANPA do colexio Valle Inclán pretende realizar un novo acto de protesta, que neste momento está á espera de recibir a perceptiva autorización da Subdelegación do Goberno.