O encontro reuniu a representantes da corporación provincial, concellos e entidades sociais da provincia para reivindicar os dereitos do colectivo LGBTIQ+ e a construción dunha sociedade libre de discriminación.
O acto incluíu a lectura dun manifesto institucional e rematou coa actuación Coro de Cores, visibilizando a campaña “Ser e Sentir” que promove con diversas actividades o respecto pola diversidade en toda a provincia.