Estas accións constitúen violacións explícitas de:
A Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio.
O Cuarto Convenio de Xenebra (protección de persoas civís e axuda humanitaria).
A Convención da ONU sobre o Dereito do Mar (UNCLOS) (liberdade de navegación).
O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (ICCPR) (prohibición da detención arbitraria).
A Convención contra a Tortura.
Por todo isto, o Goberno de Oleiros, xunto con todas as entidades asinantes, solicita trasladar estas esixencias aos gobernos galego, goberno do Estado español e na Unión Europea:
- Liberación inmediata e incondicional de Saif Abukeshek, Tiago Ávila, Marwan Barghouti, Dr. Hussam
- Abu Safiya e de todas as persoas palestinas secuestradas.
- Protección diplomática urxente para as persoas detidas.
- Investigación pública e independente do asalto en augas internacionais.
- Sancións económicas significativas contra Israel.
- Responsabilización por xenocidio en Gaza e limpeza étnica en Cisxordania.