Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno municipal aprobará no pleno de mañá unha moción en defensa da sanidade pública

 Oleiros, 29 de xaneiro de 2020-. Mañá xoves día 30, ás 20:00 horas, realizarase o pleno municipal ordinario do mes de xaneiro do Concello de Oleiros na Casa Charry. Entre outros asuntos, o Goberno municipal vai aprobar unha moción, a proposta da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para demandar ao Goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais dos centros de saúde e dotalos do persoal necesario para garantir unha atención accesible e de calidade. 

 
Ademais, o pleno servirá para a aprobación do orzamento municipal do ano 2020 que ascende a 31,8 millóns de euros. “O de mañá é un pleno importante ao que levamos 16 temas de moito interese. Entre outras cousas, imos aprobar o orzamento municipal para o ano 2020 ou o proxecto para a reurbanización total da rúa do Souto, que ascende case a 800.000 euros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
back link