Oleiros, 24 de xullo de 2019-. O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado esta tarde 23 obras e servizos que teñen un custo de 4.829.232 euros. Parte da financiación deste proxectos procede dos 3,8 millóns de superávit cos que conta o Concello de Oleiros do exercicio anterior.
As obras comezarían a realizarse a partir do mes de setembro e serán as seguintes:
- Expropiación edificacións na ZV-10 (Parque litoral de Bastiagueiro Pequeno): 1.000.000 euros
- Primeira fase do campo de fútbol de Mera: 939.011,50 euros
- Proxecto básico e execución da remodelación do Pavillón da Rabadeira: 446.595,09 euros
- Construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro: 430.419,71 euros
- Substitución do pavimento de madeira do paseo marítimo da ría entre A Fábrica e Agramar: 415.455,24 euros
- Nova rede de abastecemento de auga na Avenida Francisca Herrera: 394.361,18 euros
- Mellora das infraestruturas viarias do Polígono industrial de Iñás: 167.421,81 euros
- Humanización e mellora da rúa do Repicho: 161.898,48 euros
- Control de calidade dos investimentos financieiramente sostibles: 160.986,89 euros
- Pavimentación da praza da Lagoa de Mera: 110.775,74 euros
- Pavimentación da rúa Uxío Novo Neyra: 109.765,65 euros
- Glorieta do centro de Santa Cruz: 90.516,88 euros
- Renovación da cuberta do Centro Municipal de Formación: 67.976,46 euros
- Reparación de superficies da pista de skate Bastiagueiro: 47.936,07 euros
- Coordinación de seguridade e saúde: 46.990,46 euros
- Peche do circuíto da rede de abastecemento de auga na rúa Golfiño: 44.423,95 euros
- Mellora da eficiencia enerxética en instalacións deportivas municipais (pavillóns de Canide e Valle Inclán): 39.995,17 euros
- Canalización da rede de comunicación e baixa tensión na rúa Fieitos: 34.983,80 euros
- Reparación de xuntas, ancoraxes e superficies da praza Esther Pita: 28.653,54 euros
- Instalación eléctrica na Finca Tenreiro: 28.525,88 euros
- Adquisición dunha furgoneta para a policía local: 28.000 euros
- Mellora da seguridade viaria nun tramo da rúa Bartolomé das Casas: 27.626,39 euros
- Reparacións do falso teito no local social de Rialta: 6.912,43 euros
O pleno tamén aprobou unha declaración institucional para potenciar o significado de celebrar o 25 de xullo como a festa de concentración dos anhelos de todas as galegas e galegos. Na defensa da identidade galega latexa a convicción de que só desde o respecto aos matices diferenciais que fan particular a un pobo é doado ter a mesma consideración co resto dos pobos do mundo.