Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno municipal aproba bonificacións fiscais para as taxas de sumidoiro

Oleiros, 28 de outubro de 2016-. O Goberno local aprobou no pleno celebrado no día de onte a modificación de diversas ordenanzas fiscais, entre as que se atopa a taxa de sumidoiro. As familias que se atopen en risco de exclusión social estarán exentas desta taxa e as familias numerosas terán un bonificación do 50% para as vivendas habituais.

“É unha decisión importante, sobre todo para as familias numerosas e para as que teñen problemas económicos e están recoñecidas como tal pola Xunta de Galicia. Neses casos, cantas máis cargas lle saquemos mellor”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

No pleno tamén foron aprobadas un total de cinco mocións. Dúas facían referencia á solidariedade e ao apoio cos traballadores de Extel e do Banco Pastor-Popular que van sufrir sendos ERE. Noutras dúas se demandaba a derogación da lei “Montoro”, que tanto dano está a causar entre os municipios de todo o Estado, e supresión da LOMCE. Tamén quedou aprobado o documento no que se esixe a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia.
 

back link