Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno municipal aproba as obras a incluír no Plan POS+ da Deputación

Oleiros, 13 de decembro de 2017-. O pleno municipal extraordinario celebrado esta mañá na Casa Charry aprobou por unanimidade as obras que o Goberno municipal decidiu incluír no Plan POS+ da Deputación da Coruña. Os proxectos ascenden no seu conxunto á cantidade de 1.317.136,42 euros, dos que a Deputación financia 913.394,48 euros.

Unha vez a Deputación tamén aprobe os proxectos, as obras poderían iniciarse, posiblemente antes do verán. O documento inclúe aprobado hoxe inclúe a reurbanización completa da avenida Rosalía de Castro, desde a Biblioteca Central Rialeda ata a ponte da pasaxe; a construción dunha cuberta na pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda; a pavimentación da estrada que conecta Cambre con Oleiros na zona da Seara; o asfaltado das rúas das urbanizacións O Xunqueiro e O Valiño; a renovación do bombeo das pedras, que prové de auga a toda a localidade de Oleiros; e unha nova rede de abastecemento de auga na rúa do Pombal, en Perillo, xa que a actual ten 40 anos e está obsoleta. Estas obras, que deberían ser aprobadas na Deputación no mes de marzo, poderían comezar antes do verán.

Ademais, o pleno tamén decidirá sobre a modificación puntual nº4 do PXOM que afecta ao cambio de uso dunha parcela da Xunta de Galicia na Urbanización Mesón da Auga.
 

back link