Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno local solicita a colaboración cidadá para eliminar os plumachos

Oleiros, 3 de maio de 2016-. O Concello de Oleiros leva anos liderando a loita contra os plumachos en Galicia. É por iso que nesta época na que nacen con moitísima forza novas plantas, adquire unha relavancia aínda maior que todos os cidadáns eliminen esta especie das súas fincas, para evitar a súa reproducción.

Cada plumacho ten milleiros de sementes que se esparcen de xeito moi doado co vento. “En Oleiros estámoslle gañando parcialmente a batalla aos plumachos. Necesitamos a colaboración por parte dos cidadáns para acabar con esta planta, que podería modificar totalmente a flora de Galicia”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Ademais de manter limpas as propiedades municipais, de requerirlle aos particulares a eliminación desta planta e de levar a cabo numerosas campañas de concienciación entre a poboación, o Goberno local, a través do seu alcalde, elevou o asunto ata a Deputación provincial. Grazas á súa acta de deputado, Ángel García Seoane conseguiu aprobar unha moción para que a Deputación da Coruña, en coordinación coa Xunta e a Universidade, se poña a traballar na erradicación desta especie invasora.
 

back link