Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno local incrementa nun 20% o orzamento para as axudas de apoio á escolarización

Oleiros, 19 de maio de 2016-. O Concello de Oleiros convoca una ano máis as subvencións de apoio á escolarización. Co obxectivo de poder chegar a máis familias, o Goberno local adoptou dúas importantes medidas para o curso 2016/2017: incrementar o orzamento nun 20%, chegando aos 15.000 euros, e subir o límite de ingresos para acceder a estas axudas e que así cheguen a máis familias en situación de vulnerabilidade.

Estas prestacións son unha das diversas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros. Neste caso concreto, preténdese apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, para que poidan asumir os gastos extraordinarios que provoca o inicio do curso escolar.

Os importes das subvencións serán os seguintes:

- 2º ciclo de educación infantil: 65 € (sesenta e cinco euros)
- Educación primaria: 75 € (setenta e cinco euros)
- ESO ou ciclo formativo equivalente: 85 € (oitenta e cinco euros)
- Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 95 € (noventa e cinco euros)

As prestacións concederase polo sistema de concorrencia competitiva, ata esgotar o orzamento. As familias coa renda per cápita máis baixa serán as beneficiarias das ditas axudas. O ano pasado concedéronse as axudas ao 100% dos solicitantes que cumprían os requisitos.

O prazo de solicitude para as prestacións de apoio á escolarización para o curso 2016/2017 do Concello de Oleiros permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de xuño. Para calquera información poden acudir ás oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.
 

back link