Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno local consegue que a Xunta se comprometa a contratar a rotonda de Santa Cruz este ano

Oleiros, 23 de xaneiro de 2016-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá un encontro coa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, e co delegado provincial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, no que os representantes autonómicos comprometéronse a contratar a construción da rotonda de Santa Cruz no segundo semestre do ano. O Concello de Oleiros, que está a finalizar o proxecto da rotonda, expropiou os terreos e rematará a desgasificación do solo nas vindeiras semanas.

Na reunión, o alcalde tamén informou á conselleira e ao delegado que o Concello de Oleiros porá a disposición da Xunta os terreos precisos para que o ente autonómico aborde de inmediato a construción das beirarrúas e o carril bici entre Montrove e o colexio Cristo Rey. Así mesmo, Ángel García Seoane adiantou que agarda que os veciños cedan o solo necesario para facer as beirarrúas entre Casa Méndez e o linde con Sada, en Lorbé, para que a Xunta tamén realice esta obra.
 

back link