Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno local aprobará no pleno do luns un paquete de obras valoradas en máis de cinco millón

Oleiros, 07 de decembro de 2015-. O vindeiro luns 14 de decembro o goberno local aprobará diversas obras para o Concello de Oleiros que en conxunto suman máis de cinco millóns de euros. A construción do tanque de tormentas en Santa Cruz, o aparcadoiro da praia de Naval, a reforma na Escola Municipal de Danza, o acondicionamento do Parque da Lagoa de Mera e a senda costeira a Canide suman en total 5.295.195,06 euros.

A sesión plenaria, convocada para as 20:00 do día 14 na Casa Charry, contempla a aprobación dos proxectos que formarán parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Esas obras son o aparcadoiro na praia de Naval, valorado en 190.835,26 euros, e a reforma da planta semisoto da Escola Municipal de Danza para a creación da Escola Municipal de Teatro, valorada en 279.340,60 euros.

O Goberno tamén vai poñer en marcha outros dous importantes proxectos na localidade de Mera. Para o acondicionamento do Parque da Lagoa de Mera que contempla, entre outras cousa, a instalación dunha cuberta no centro da praza para a realización de diferentes actividades ao longo de todo o ano destinaranse 441.663,27 euros. Ademais, vai realizarse a senda costeira de Canide que conta cun orzamento de 507.677,93 euros.

O pleno, a proposta do Goberno municipal, tamén aprobará o proxecto do tanque de tormentas de Santa Cruz que permitirá poñer fin á contaminación puntual que se producía os días de choiva moi intensa. A obra está valorada en 3.875.678 euros.
 

back link