Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno local aproba definitivamente a creación dun novo vial de acceso ao polígono de Iñás d

Oleiros, 26 de xaneiro de 2016-. O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado hoxe a construción dun vial no polígono de Iñás que ofrecerá un novo acceso á zona comercial desde a N-VI. A rúa, que transcorrerá pola parcela de Carrefour, será pública e beneficiará a todos os establecementos e usuarios desta área comercial. Os gastos da obra correrán a cargo da empresa.

O Goberno municipal tamén aprobou a prórroga dos Regulamentos de axudas sociais, asistencias e profesionais para o persoal funcionario e laboral do Concello de Oleiros. Previo acordo cos sindicatos, o executivo local estableceu uns topes para os beneficios sociais dos traballadores en función dos seus salarios. As axudas van desde un máximo anual de 1.200 euros, para os que cobran menos de 24.000 euros anuais, ata os 150 euros anuais, que poden percibir os traballadores cun salario anual superior aos 33.000 euros. O Concello de Oleiros destina preto de 100.000 euros anuais a estas axudas.
 

back link