Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Goberno aproba a ordeanza que regula o uso das praias por parte das empresas para garantir a

Oleiros, 25 de febreiro de 2016-. O Goberno municipal aprobou no pleno municipal a ordeanza que regulará o uso das praias por parte das empresas privadas. O novo documento supón unha modificación da ordeanza xa existente desde o 2009, pioneira en Galicia na regulación de espazos públicos.

Actualmente, ademais da necesidade de contar con licenza para realizar actividades que supoñan un uso especial da praia (venda de produtos, reserva de espazos, etc.) a Demarcación  de Costas do Estado en Galicia determinou a necesidade de obter licenza por parte de empresas. A intensidade de uso das empresas (especialmente no areal de Bastiagueiro) fai aconsellable a ordenación deste sector co fin de protexer a seguridade dos bañistas e demais usuarios. Cabe subliñar que en Oleiros son miles as persoas e sociedades do municipio que practican deportes en pavillóns, polideportivas, canchas de tenis, campos de fútbol e demais instalacións públicas sen pagar ningunha taxa.

Noutro dos asuntos tratados, o Goberno aceptou o Plan provincial de Aforro e Investimento (PAI 2016) destinado aos concellos da Coruña. Esta decisión supón que o Concello de Oleiros recibirá un préstamo de 400.000 euros cun xuros do 0% a pagar en 10 anos para acometer diferentes actuacións.

Na sesión tamén se acordou que o Concello de Oleiros sexa o primeiro de toda a comarca en devolverlle aos funcionarios o 50 % restante da paga extra que lles foi retirado polo Goberno estatal.

Ademais, quedou aprobada unha declaración institucional (con motivo do 40 aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática) para recoñecer o lexítimo Goberno da RASD e do Frente Polisario e o dereito de autodeterminación que legalmente, pola Resolución 1514 (XV) da Asamblea Xeral das Nacións Unidas do 14 de decembro de 1960, ampara a este pobo; así coma o carácter diplomático da representación do Frente Polisario (único e lexítimo representate do Pobo Saharaui, recoñecido pola ONU) por parte do Goberno de España. O Goberno municipal considera que o estado español ten unha responsabilidade histórica con esta rexión por seres cómplices da situación de desarraigo e abuso por parte das forzas marroquíes derivada do abandono da zona.

O pleno tamén votou favorablemente a unha moción presentada polo Goberno para instar ao cumprimento das recomendacións do 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias na que o Comité de Expertos do Consello de Europa lle esixe ao Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación con esta Carta.
 

back link