Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Festival-concurso Oleiros Comedia remata mañá na Fábrica

Oleiros, 9 de xuño de 2016-. Mañá celébrase terá lugar no Auditorio da Fábrica ás 20:00 horas a final do Festival-concurso Oleiros Comedia. Varios rapaces e rapazas do municipio  exporán a súa narrativa galega a través dos monólogos. 

Moitos dos participantes iniciaron esta actividade desde os seus centros educativos, cos obradoiros de Oleiros Comedia que ofrece o Concello de Oleiros. Este proxecto pretende reflexionar e tomar conciencia sobre a importancia de saber expresar e comunicar utilizando como medio a lingua galega e o humor. O Festival-concurso deste venres pon fin a este obradoiro.
 

back link