Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Estado contrata o proxecto para renovar a pasarela do Castelo de Santa Cruz

En cumprimento do compromiso acadado co Goberno municipal, Costas de Estado procedeu á contratación da redacción do proxecto de construción dunha nova pasarela de acceso ao Castelo de Santa Cruz. Unha vez concluído o proxecto pasarase á contratación da obra, para a que se estima un custo de 1 millón de euros e que estará en execución no ano 2026.

Aínda que o deterioro é moi visible a simple vista, o Concello presentara na reunión celebrada en Madrid diversos informes técnicos que avalaban a urxente necesidade de actuar por cuestións de seguridade. O secretario de Estado de medio ambiente comprometerase co alcalde e co concelleiro de obras públicas a realizar a obra e así o está a facer.

Milleiros de persoas transitan durante todo o ano pola pasarela para acceder ao Castelo, un dos espazos públicos máis destacados de Oleiros e un dos grandes reclamos turísticos de Galicia.
 

back link