Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O escritor Farruco Graña presentará O soño de Xoán o xoves nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 23 de febreiro de 2016-. O vindeiro xoves 25 de febreiro, ás 19:00 horas, Farruco Graña presentará a súa obra O soño de Xoán. O acto terá lugar no auditorio das Torres de Santa Cruz.

Farruco Graña é un escritor de Carballo que actualmente reside en Ribadeo e traballa como profesor de filosofía nun instituto de Tapia de Casariego, en Asturias. Ademais do propio Farruco, intervirá a profesora de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

O soño de Xoán é unha novela que trata sobre as peripecias de Xoán Lourido, un mozo ribadense afeccionado á astronomía, no Ribadeo do século XVII. O protagonista consegue unha copia do “Somnium” de Kepler e a partir dela, escribe a recreación dunha viaxe de ida e volta á lúa desde o Monte de Santa Cruz. O seu interese pola astronomía acaba traéndolle problemas co Santo Oficio, xa que un inquisidor con orixes na zona pretende facer méritos ante outros colegas e as informacións que lle chegan con respecto a Xoán Lourido fan que lle bote o ollo para procesalo por bruxería e por ter lecturas contrarias á fe.
 

back link