Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Entroido celébrase a partir do venres en todas as localidades do municipio

Oleiros, 26 de febreiro de 2019-. O Entroido comeza este venres en Oleiros coa gran festa que organiza o Concello de Oleiros no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Será a partir das 19:00 horas e haberá concurso de disfraces -con 4.700 euros en premios- música e baile coa orquestra os Satélites e unha actuación sorpresa a cargo da Compañía Municipal de Teatro.

A partir do sábado haberá tamén festas en todas as localidades do municipio, organizadas polas diferentes entidades sociais e culturais. O Concello colabora cedendo os espazos para a realización destes eventos e contratando o servizo de animación infantil.

- Lorbé: sábado 2, ás 18:00 horas, na casa do pobo
- Dorneda: luns 4, ás 18:00 horas, na casa do pobo
- Oleiros: luns 4, ás 18:00 horas, na Casa da República
- Dexo: martes 5, ás 18:00 horas, na casa do pobo
- Nós: martes 5, ás 17:00 horas, na casa do pobo
- Perillo: martes 5, ás 17:00 horas, no pavillón municipal
- Montrove: sábado 9, ás 17:00 horas, no centro cultural
- Iñás: sábado 9, ás 18:00 horas, na casa do pobo
- Mera: sábado 9, ás 18:30 horas, na casa do pobo
- Santa Cruz: sábado 9, ás 18:30 horas, no centro cívico

back link