Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O drama Bernarda, este sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 9 de setembro de 2020-. A compañía Malasombra Producións presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Bernarda. Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja forman o elenco desta obra creada e dirixida por José Prieto.

 
Bernarda recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito. Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influencias dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda é unha historia comprensible e universal, un choque xeracional.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 

 

back link