Oleiros, 27 de setembro de 2017-. A Asociación Teatral Paso de Valverde presenta o venres ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica, en Perillo, o seu espectáculo Ás Portas, unha creación colectiva de Paso de Valverde inspirada en textos de Luix Kaf e Bertolt Brecht e dirixida por Xavier Ramillo. O elenco de actores e actrices fórmano Sonia Gómez, Ana Veiga, Bea Sánchez, Xavier Ramillo.
A obra é unha historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña as dúas protagonistas cara un novo mundo.
A entrada é libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.