Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O domingo proxéctase nas Torres a película El extraño viaje

 Oleiros, 27 de outubro de 2021-. A proxección de El extraño viaje está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 31 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

 
Esta película, dirixido por Fernando Fernán Gómez, está ambientado nunha pequena vila de provincias, preto da capital, onde vive unha familia composta por tres irmáns: a dominante e severa Ignacia e os tímidos e retraídos Paquita e Venancio. A monotonía da vida da vila só se rompe os sábados cando chega un conxunto musical de Madrid para amenizar coas súas cancións a fin de semana. Un sábado de tormenta, Paquita e Venancio, que son moi medrosos, escoitan ruídos e van buscando protección no cuarto da súa irmá. Alí ven a alguén, pero Ignacia négao rotundamente.
back link