Oleiros, 18 de maio de 2016-. O vindeiro domingo 22 de maio, de 10:30 a 14:00 horas, no pavillón municipal de Oleiros da Rabadeira terá lugar a terceira edición do Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Oleiros. Participarán preto de 120 ximnastas das categorías benxamín, alevín, infantil e júnior.
En categoría benxamín as probas serán de pelota e mans libres, con 2 aparellos por club. En categoría alevín haberá mans libres, pelota, mazas e corda, con 3 aparellos por club. En categoría infantil aro, pelota, mazas e cinta, con 3 aparellos por club. En categoría júnior as modalidades serán aro, pelota, mazas e cinta, con 3 aparellos por club.
Os clubs que participarán na proba son Escola Ximnasia Acordes Oleiros, María Barbeito, Esquío, Acordes Narón e Compostela da provincia da Coruña; Maniotas, Vagalume, Casino de Pontevedra e Treboada, da provincia de Pontevedra; Pavillón de Ourense e Agrupación deportiva Ximnástica Gijón.