Oleiros, 26 de maio de 2022-. Veciños e veciñas de Coruxo, Romardeiro e As Galeras levan máis de 20 días sufrindo cortes nos servizos de internet e televisión nos seus domicilios, dotados de fibra óptica desde hai máis de 20 anos por parte da empresa R. Na actualidade Movistar está a realizar a implantación de fibra óptica en distintas zonas do municipio, utilizando as canalizacións das que dispoñía R, esnaquizando nos seus traballos as instalacións existentes, provocando a queima do cable por curtocircuítos e desconectando nodos existentes.