Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello urxe á Deputación o mantemento das beiravías da avenida Emilia Pardo Bazán

Oleiros, 15 de maio de 2019-. As beiravías da avenida Emilia Pardo Bazán, construídas nalgúns tramos recentemente pola Deputación a petición do Concello de Oleiros, atópanse invadidas pola maleza. Os veciños e veciñas desta zona dirixíronse ao Concello para amosar o seu malestar.

O alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane, está a demandar a resolución deste problema que se debe ao retraso na contratación do mantemento das rúas e beirarrúas por parte da Deputación. Estes traballos saíron a licitación en abril de 2018 e atópanse pendentes de adxudicación.

back link