Oleiros, 24 de xaneiro de 2016-. O vindeiro 6 de febreiro o Concello de Oleiros tomará posesión de 69.400 metros cadrados calificados como zona verde polo PXOM que se atopan entre o actual parque das Galeras e a praia de Bastigueiro. O custo da adquisición destes terreos, destinados a ampliar o actual parque, supera os 400.000 euros.
O Concello tamén pasará a ser o propietario desde o día 6 dunha vivenda que se atopa na zona afectada. O Concello cederalle aos actuais donos dese inmoble o uso da casa durante os vindeiros 5 anos.