Oleiros, 26 de xullo de 2019-. A Xunta comunicou hai varios meses que lle concedera unha subvención ás empresas de telecomunicacións para o despregamento da rede de banda larga en Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro, Xoez, Aba, Dexo, Babilonia, A Lagoa, O Valiño e A Veiga. Ante a demora na instalación, o alcalde vai solicitar á Xunta que aclare os motivos do retraso.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
“A Xunta asinou un contrato con empresas de telecomunicacións por importe de 18,5 millóns de euros para levar a distintas zonas de Galicia a banda ancha. Aquí en Oleiros incluíanse varios lugares, pero estamos vendo que as empresas non están a realizar as instalacións que están contempladas. A Xunta comprometérase con nós a facelo antes de novembro, por iso imos solicitarlle á Xunta que nos explique o que está sucedendo. Oleiros non é o terceiro mundo e este servizo é imprescindible para a cidadanía”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.