Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello sinalizará os espazos forestais protexidos

 Oleiros, 26 de abril de 2021-. Debido á proliferación de cortas ilegais en diversas zonas do municipio, o Concello de Oleiros procederá a sinalizar sobre o terreo as zonas catalogadas polo Plan xeral como de especial protección forestal, nas que non está permitido cortar especies arbóreas. Nestes montes só é posible realizar limpezas e saneamentos. 

 
“Algúns están tallando en plan salvaxe e non imos tolerar ese tipo de actuacións. Os que incumpran terán que afrontarse a sancións moi elevadas. Imos publicar aquelas zonas que están protexidas, para que se saiba que nesas zonas non se poden cortar árbores”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Para evitar sancións, os veciños e veciñas deben asegurarse de que os madeireiros aos que lles venden a madeira dispoñan da licenza municipal e actúen conforme á ordenanza. En moitos casos tamén se están a producir cortas en montes privados sen ningún tipo de acordo previo coas persoas propietarias, que deben denunciar os feitos na Garda Civil e poñelo en coñecemento do Concello.
back link