Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello seguirá costeando o gasto de comedor escolar do alumnado en risco de exclusión socia

Oleiros, 30 de xullo de 2020-. O Concello de Oleiros renovou o convenio de colaboración coas ANPAS para colaborar no coste mensual das prazas de comedor escolar nos centros públicos de Oleiros xestionados polas ANPAS e asumir integramente o custo dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. Esta é unha das numerosas medidas que adopta o Goberno municipal para promover e fomentar a inclusión social de todos os cidadáns.

 
Con esta actuación, o Concello garante a cobertura das necesidades básicas de alimentación dos menores, así como de conciliación familiar e laboral das  familias que cumpran cos requisitos socioeconómicos  establecidos no correspondente regulamento. Estas axudas  poderanse solicitar durante todo o curso escolar e contan cunha partida orzamentaria de 60.000 euros, que serían incrementados en caso de resultar necesario.
back link