Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello sacará novamente a contratación aquelas obras contratadas que retrasen o seu inicio

Oleiros, 11 de febreiro de 2016-. Ante aos retrasos que acumulan o inicio de importantes obras como a instalación de céspede artificial en tres campos de fútbol municipais ou as beirarrúas de Arillo a Mera, o Goberno local está decidido a sacar novamente a contratación todos aquelas proxectos contratadas que as empresas non acometan. Ademais dos problemas burocráticos que poden existir, as empresas retrasan voluntariamente os traballos.

“Temos moitas obras importantes contratadas e as empresas non as dan comezado. Deben querer facer carteira para prolongar o traballo durante todo o ano, pero non imos permitir que empecen cando queiran”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

A que si comezou estes días foi a rehabilitación do Torreón Bescansa, en Perillo. “Cando se fixo a urbanización obrigamos a que o deixarán alí. A empresa entregou o Torreón reformado por fóra e agora o estamos rehabilitando por dentro. Vai ter dúas plantas pequenas e o seu uso, seguramente, estará destinado á xuventude”, dixo García Seoane.
 

back link